martes. 07.05.2024

Co verán á volta da esquina, as tarefas de mellora dos espazos de ocio ao aire libre son unha constante. Por iso, o Concello de Xinzo de Limia está a realizar unha limpeza e pintado das pistas de tenis e baloncesto.

En ambos casos, escolleuse a cor vermella para mellorar a súa estética. Na pista de baloncesto tamén se vai usar o gris para delimitar os diferentes espazos da cancha. O Goberno local prevé finalizar estes traballos nuns poucos días. 

Mellora das pistas de tenis e baloncesto de Xinzo