viernes. 13.12.2024

O Concello de Xinzo vén de presentar a programación para este verán. Todas as actividades serán controladas para evitar o risco de contaxio pola Covid - 19. Unha vintena de actos completan o programa que ofrece maxia, teatro, talleres e cine na rúa. Ademais, coa programación deportiva haberá máis dun centenar de actividades na localidade.

Na terceira semana do mes de agosto celebrarase, xunto coa asociación cultural Civitas Limicorum, unha edición especial da Festa do Esquecemento.

Resumo das actividades de entretenemento:

  • Sábado, 10 de xullo: proxección de 'Cuñados' na praza Carlos Casares ás 22:30 horas.
  • Venres, 16 de xullo: actuación musical da man de TOR, grupo de folk.
  • Sábado, 17 de xullo: maxia no Toural da man do Mago Antón, e a actuación de Terbutalina na praza Carlos Casares. 
  • Domingo, 18 de xullo: contacontos na praza de San Roque con Pedro Brandariz e pola noite música con 'O Sonoro Maxín'. 
  • Luns, 19 de xullo: comedia musical que leva por título "Ummm" da man de Teatro Aventro Producións ás 19:00 horas na praza de San Roque.
  • Sábado, 24 de xullo: segunda edición da Foliana Antelana no Parque do Toural con "As cantigas de Elena".
  • Domingo, 25 de xullo: ofrenda floral e lectura dun manifesto no Parque Galicia ás 12:00 horas.
  • Domingo, 1 de agosto: circo ás 20:00 horas na praza Carlos Casares.
  • Sábado, 7 de agosto: concerto de Ibáñez&Tribo na praza Carlos Casares.
  • Sábado, 14 de agosto: sesión de cine co título "Mª Solinha", ás 23:00 horas na praza Carlos Casares. 
  • Esquecemento
  • Domingo, 22 de agosto: actuación no Toural de Xabier Díaz&Adufeiras.
  • Domingo, 27 de agosto: Feira de ProLimia.
  • Venres, 3 de setembro a domingo, 5 de setembro: Feira da Pataca e Maquinaria. 

Música, teatro, maxia e Esquecemento este verán en Xinzo