lunes. 11.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia levou a cabo a contratación de cinco persoas en risco de exclusión social, todas elas perceptoras da RISGA -Renta de Inclusión Social de Galicia-, co fin de promover a inclusión social e paliar a crise económica.

As funcións que deben ocupar os novos traballadores céntranse nos servicios de limpeza do pobo, tarefas que xa iniciaron a semana pasada mediante a recollida de residuos da feira do sábado.

De forma paralela, o Concello realizou a contratación dun servicio complementario de limpeza de 4.500 horas ao ano. O municipio non dispón de efectivos suficientes para os traballos de hixienización, sobre todo naquelas datas de gran afluencia de turistas coma o Entroido, o Esquecemento, Semana Santa ou as festas de Santa Mariña.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Xinzo de Limia contrata a cinco persoas en risco de...