Xoves. 23.03.2023
A academia ofrece unha ampla oferta formativa musical

NOTICIAS A LIMIA | Matriculación aberta durante todo o ano na Escola de Música da Limia

Alumnado da Escola de Música da Limia xunto ao director da mesma, José Luis Tielas Santiago.
Alumnado da Escola de Música da Limia xunto ao director da mesma, José Luis Tielas Santiago. | FOTO: Cedida.

A Escola de Música da Limia -con sede no Concello de Xinzo de Limia- retoma a súa forza tras a crise pandémica e fai un chamamento a todos aqueles interesados en recibir unha formación musical recordando que os prazos de matriculación se manterán abertos durante todo o ano.

A academia figura coma un centro de Ensinanza Autorizado pola Xunta de Galicia -código 32020902- na cal se imparte formación musical regrada a mans dunha ampla variedade de profesorado especializado e titulado superior en música. O ano pasado contaban cun equipo completo de 16 mestres na escola.

O obxectivo é dotar aos inscritos dunha formación máis disciplinada e completa que nos conservatorios, ademais de reunir ao alumnado en diversos grupos e formacións oficiais da escola. De media anual, a academia soe acoller a uns 210 alumnos matriculados en varias modalidades e actividades.

No tocante ás formacións constituídas na academia, a máis destacada é a Agrupación Musical da Limia, a cal xa conta cunha experiencia de máis de 15 anos impartindo concertos de música clásica e adaptacións de temas modernos por toda Galicia. Tamén sobresae a Tradiband, unha banda conformada por instrumentos tradicionais e dirixida por Isidro Vidal -titulado superior na especialidade de gaita- . Os máis pequenos conforman a banda infantil Chikiband ou o Coro infantil, e os amantes do canto clásico teñen a opción unirse á Coral.

Os inscritos poderán desfrutar de clases individuais e especializadas no instrumento musical que desexan tocar -neste caso ofrecen formación en diversos instrumentos coma piano, acordeón, canto, percusión sinfónica e tradicional, guitarra...- Existen outras ofertas educativas coma o curso de DJ e produción musical, clases específicas centradas en armonía ou linguaxe musical, e mesmo un servicio de orientación para aqueles que se desexan iniciar noutros instrumentos ou cambiar de especialidade. A academia tamén da clases de apoio para preparar o acceso ao grao superior ou ao profesional de conservatorio.

Para aqueles nenos que teñan unha idade comprendida entre os tres e cinco anos, o centro pon á súa disposición de xeito totalmente gratuito un curso de música e movemento para iniciarse na educación musical.

A matrícula pódese realizar de xeito telemático dende un link específico colgado en redes sociais coma Facebook- e, en caso de ter algunha dúbida, ponse a disposición do público o teléfono do director da escola J.L. Tielas Santiago -607 07 26 53- e o correo electrónico do centro [email protected]

O prezo por inscrición é de 50 euros. Haberá que aboar mensualmente 45 euros por catro clases semanais nas que se incluirá a clase individual de instrumento, linguaxe musical e teoría da música, unha clase colectiva de banda ou orquestra e unha clase colectiva de coro.

No tocante á adxudicación de prazas, calquera persoa será aceptada dentro da escola sen exclusión algunha. O centro encargarase de ir contratando ao profesorado necesario según a demanda existente.

Cartel informativo da Escola de Música da Limia.

NOTICIAS A LIMIA | Matriculación aberta durante todo o ano na Escola de Música da Limia
comentarios