viernes. 19.04.2024

A alcaldesa do Concello de Xinzo de Limia, Elvira Lama, acaba de informar da publicación dunha nova oferta emprego para o posto de persoal funcionario na categoría de inspector da Policía Local.

A información relativa á praza está anunciada no DOG 203 do 21/10/2021 e foi aprobada baixo o Decreto do 7 de outubro do mesmo ano. O procedecemento de selección que será aplicado será seguindo o artigo 38 da Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia.

Para o posto ofértarse só unha praza de vacante. A escala do anuncio correspóndese coa de administración especial e executiva, a subescala coa de servicios especiais, a clase sería a de policía local, e estaría encadrado dentro do grupo A e subgrupo A2.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo oferta unha praza para o posto de inspector da Policía Local