jueves. 25.04.2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Pataca de Galicia, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 10 vogalías; cinco para a Candidatura Independente de Envasadores de Patacas de Galica; dous para Unións Agrarias; e tres repartidas entre a Asociación Agraria de Galicia, o Sindicato Labrego Galego e a Federación Rural Galega.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma José Manuel Gómez Gómez. No tocante á vicepresidencia do sector produtor, será asumida por Amador Díaz Penín; mentres que a vicepresidencia do sector industrial será asumida por Diego Conde Ucha, de Patatas Conde, S. L.

Cabe lembrar que nas pasadas eleccións só votaron determinados censos dos consellos reguladores das denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Monterrei, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras. Tamén, no da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia e no das IXP das Carnes de Vacún de Galicia. O resto de censos tiñan candidatura única ou chegaron a un acordo.

NOTICIAS A LIMIA | José Manuel Gómez presidirá o Consello Regulador da IXP Pataca de...