miércoles. 06.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia está a acometer novas actuacións nas pistas do rural ó abeiro do Plan MARCO, investindo máis de 85.000 euros en 3.800 metros de estrada. O acondicionamento de pistas está tendo lugar en Morgade e na estrada que une Moreiras con Seoane de Oleiros. O edil de obras Moncho Gómez afirmou que levamos anos mellorando as conexións viarias nas diferentes parroquias do Concello, e non pararemos ata chegar a todas”. 

Dende o Concello de Xinzo de Limia faise unha aposta decidida pola mellora de estradas e pistas, cun plan cuxo obxectivo é acometer o maior número de actuacións útiles, non só en Xinzo senón tamén nos 33 núcleos rurais.

As obras en Morgade, Moreiras e Seoane de Oleiros consistiron nun bacheo inicial con posterior aplicación dun triplo rego, así como na limpieza de cunetas en ambas marxes dos tramos reparados.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo mellora as comunicacións de Morgade, Moreiras e Seoane de Oleiros