viernes. 26.04.2024

A Garda Civil de Tráfico informou esta noite do incendio dun vehículo no punto quilométrico da A-52 que derivou nun lume forestal no que arderon 2.500 metros cadrados de monte baixo, segundo o comunicado da Comandancia de Ourense.


O accidente e o posterior incendio obrigou a intervir aos Bombeiros de Xinzo de Limia, e activou o dispositivo anti-incendios coa participación de tres brigadas e e dúas motobombas. A Garda Civil informa de que entre as 17:15 e as 21:00 horas deste sábado a circulación “ha permanecido condicionada la circulación en el km 213 en la calzada del sentido Benavente”.


O comunicado da Comandancia engade que “afortunadamente no se han producido daños personales” e sinala que a circulación foi canalizada cara o carril esquerdo, sendo cortado o tráfico en dúas ocasións para tarefas de limpeza da vía, a cargo dos servizos de mantemento e conservación da autoestrada. 


O vehículo, un Peugeot 206, quedou totalmente calcinado.

Vehículo incendiado esta tarde na A-52 (2)
Bombeiros forestais e axentes da Garda Civil, durante a emerxencia na A-52

NOTICIAS A LIMIA | Bombeiros de Xinzo interveñen nun lume na A-52 provocado polo...