viernes. 26.04.2024

Un accidente de circulación na avenida de Madrid en Xinzo de Limia mobilizou a primeira hora desta tarde a unha unidade da Policía Local, Protección Civil e dúas unidades dos Bombeiros de Xinzo. No sinistro víronse implicados dous turismos. Non se produciron feridos.


A intervención dos Bombeiros foi precisa para limpar a vía dos restos do choque e a beirarrúa, onde quedaron tirados dous colectores e o lixo como consecuencia do impacto dun dos vehículos.


Ao parecer, un dos turismos, que circulaba en dirección de entrada, sufriu unha saída de vía e golpeou os colectores e un vehículo estacionado na zona de aparcadoiro. O impacto provocou a rotura da defensa traseira do turismo estacionado, e ademais a rotura da defensa dianteira e outros danos no vehículo que saíu da vía.


O tráfico na avenida de Madrid apenas sufriu alteracións e minutos despois do accidente, que tivo lugar no cruce da N-525 coa avenida de Portugal (estrada de Baltar), foi restablecida a normalidade.

accidente de tráfico na avda. de Madrid. Xinzo (4)
Colectores sobre a beirarrúa. | FOTOS: DdL
accidente de tráfico na avda. de Madrid. Xinzo (2)
accidente de tráfico na avda. de Madrid. Xinzo (3)

 

NOTICIAS A LIMIA | Choca contra un vehículo estacionado na avenida de Madrid en Xinzo