viernes. 26.04.2024

Un turismo que circulaba en dirección Celanova pola OU-531 colisión contra un tractor que circulaba en dirección contraria sen que as ocupantes dun e doutro vehículo resultaran feridas. Aconteceu pouco antes das 18:00 horas deste xoves nun cruzamento de varias vías, sen que a esta hora a Unidade de Atestados da Garda Civil puidera precisar como se produciu a colisión.

O accidente, segundo testemuñas, puido producirse mentres o turismo realizaba unha manobra de adiantamento e o tractor se incorporaba a OU-531 desde unha das vías. O turismo chocou contra a roda dianteira esquerda do tractor e o impacto afectou ao motor e provocou a rotura do parabrisas do tractor sen que o condutor sufrise danos. O turismo, cunha soa ocupante que tampouco sufriu lesións, acabou envorcado na gabia esquerda, con danos na parte dianteira e os airbags activados. 

Até o lugar do sinistro desprazouse unha unidade da Garda Civil e minutos despois chegaron efectivos do 112, con persoal de Emerxencias. En principio, as dúas persoas involucradas no accidente non precisaron atención médica.

Aproximadamente unha hora antes, o 112 recibiu a alerta dunha colisión por alcance entre dous turismos na OU-117, a pista de Morgade que serve de acceso á A-52 desde Xinzo. Neste sinistro foi precisa a intervención dos servizos médicos para atender unha persoa que se queixaba de dores nun brazo e nas costas como consecuencia do impacto, segundo informa AXEGA. 

Accidente tractor turismo estrada de Celanova (4)
Tractor accidentado na OU-531.

 

Accidente tractor turismo estrada de Celanova (7)
O turismo que colisionou co tractor.

 

Accidente tractor turismo estrada de Celanova (1)
Imaxes do estado no que quedaron os vehículos tras o accidente na estrada de Celanova.

 

NOTICIAS A LIMIA | Colisión entre un turismo e un tractor na estrada de Celanova, sen...