martes. 08.10.2024

O Concello de Xinzo de Limia mantén pechada ó tráfico de peóns unha das pasarelas que cruzan o río Limia ao seu paso pola vila. Trátase, concretamente, dunha das dúas beirarrúas que unen a avenida Río Limia co Camiño do Bouzo, ó lado do Parque do Toural.

O motivo é o desprazamento da ponte, debido á perda dun taco de goma que tiña como función amortecer a vibración provocada polo tráfico rodado, especialmente o pesado.

Esta permanecerá cerrada ata que unha grúa de gran tonelaxe, necesaria debido ó peso da pasarela, se desprace ata a vila para a súa recolocación. A Policía Local xa precintou a parte da ponte, para impedir o paso de peóns polo lateral afectado.

NOTICIAS A LIMIA | O concello de Xinzo pecha unha das pasarelas do río Limia por perigo...