lunes. 29.04.2024

O goberno local de Xinzo de Limia comprometeuse coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) a facilitar un espazo para "o desenvolvemento das sesións formativas con conexión a Internet" como parte dun convenio para levar a cabo o Programa Democratización do Coñecemento no ano 2022. Trátase de que persoas maiores de 50 anos poida ter acceso a estudos universitarios. 

O Concello de Xinzo de Limia tamén se fará cargo dos autobuses para a realización da parte práctica dos seminarios e garantiu unha representación no acto de clausura e entrega de diplomas.

Tamén nomeará "un técnico ou técnica como contacto coa Secretaría do Programa e coa función de matricular á poboación de máis de 50 anos". O Concello no especifica que departamento se ocupará destas xestións. 

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, considera que este tipo de acordo "é especialmente importante en municipios do rural, como Xinzo de Limia, pois supón achegar o coñecemento a aquelas persoas que teñan máis dificultades ou atrancos para acceder a el".

A iniciativa, da que deu conta este xoves o goberno local nunha nota de prensa, pretende: "Vincular e amplificar a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdisciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo da vida de cada individuo". 

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Xinzo e a USC facilitarán o acceso a estudos...