viernes. 19.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia acaba de facer pública a listaxe de aspirantes admitidos e admitidas no proceso de selección para o Obradoiro de Emprego Vía da Prata.

A proposta de inserción laboral que revalorizará a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo e Sandiás espertou un gran interés entre a poboación da Limia. Preto de 100 persoas inscribíronse ao programa, concretamente 60 para as 16 vacantes dos postos de xardinería e albanelería. Houbo sete solicitantes para a única praza de director, cinco para a de administrativo, e 16 para as dúas de monitor docente.

O alumnado traballador será empregado por un período de nove meses de duración e a xornada completa. Estará baixo a modalidade dun contrato para a formación e a aprendizaxe. Recibirá as contribucións que lle correspondan en conformidade co previsto na normativa vixente

Os aspirantes que figuren na listaxe de admitidos deberán presentarse este xoves e venres á entrevista persoal programada na casa consistorial ás 8:00 horas da mañá.

NOTICIAS A LIMIA | Contabilízanse máis de 100 inscritos no Obradoiro de Emprego Vía da...