viernes. 26.04.2024

Dúas mulleres resultaron feridas leves nu atropelo nun paso de peóns no Parque do Pombal en Xinzo. Segundo informa a Policía Local, o accidente produciuse pouco antes das 12:00 horas e o condutor do vehículo declarou que se despistou mentres buscaba estacionamento.

As mulleres foron alcanzadas polo coche e, como consecuencia do golpe, caeron ao chan. Foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia, que determinaron por precaución o traslado das dúas feridas.

A alerta salto no 112, que avisou aos bombeiros de Xinzo, a Protección Civil e á Policía Local. Non foi precisa máis intervención que a do operativo do 061. As mulleres non presentaban dificultades de mobilidade, informou o 112, mais foron evacuadas por decisión médica.

NOTICIAS A LIMIA | Dúas mulleres, feridas leves nun atropelo nun paso de peóns en Xinzo