Venres. 29.03.2024

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama (PSOE), aproveitou un acto esta mañá ás portas da Casa do Concello para pedir á veciñanza que concentre os seus esforzos de solidariedade con Ucraína achegando "medicamentos e alimentos, e tamén cueiros". Insistiu Lama en que "isto e o que máis nos demandan desde as organizacións de axuda humanitaria", e indicou que é a roupa de abrigo non é agora unha prioridade, "porque ocupa moitísimo volume nos transportes".

A alcaldesa dixo que o Concello de Xinzo -que desde o luns está recollendo material de axuda no local de Protección Civil no Multicentro e, tamén, nas oficinas da Casa do Concello- ten previsto realizar o primeiro envío "mañá ou o venres, a través dunha empresa de Vilagarcía que fará chegar o material até a fronteira ucraína con Polonia"

"Unimos a nosa voz ás que apreman ao dirixente ruso para que cese os ataques e a invasión do territorio ucraíno inmediatamente", dixo a alcaldesa dando lectura ao comunicado das federacións galega e estatal de municipios antes de que o público reunido esta mañá gardase cinco minutos de silencio.

"Apoiamos o labor da comunidade internacional por restablecer a paz e salvagadar a independencia de cada país", sinalou Lama, acompañada hoxe polos concelleiros Antonio Fernández (PP) e Ramón Gómez (AXIL). "Os ucraínos e as ucraínas poden contar coas entidades locais galegas e con este Concello, que estamos pendentes con gran preocupación e pesar do que están a sufrir", rematou.

VÍCTOR ENTREGA O MATERIAL DA PRAZA DE ABASTOS

Por outra banda, Víctor, froiteiro na praza de abastos de Xinzo, realizou hoxe o primeiro transporte do material de axuda que recolleron desde a semana pasada praceiras e praceiros do mercado limiao. Entregou roupa, alimentos, medicinas e material de hixiene na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo. 

O material achegado polas veciñas e veciños de Xinzo a través desta iniciativa viaxará até a cidade polaca de Ladek-Zdroj, que activou a alerta internacional a través da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA), da que fai parte a Eurocidade Chaves-Verín.

vitor en Feces A
O froiteiro da praza de abastos de Xinzo, esta mañá en Feces de Abaixo, descargando o material humanitario recollido.

ACTO NA DEPUTACIÓN

Tamén este mércores, cargos institucionais, representantes dos partidos políticos e traballadores da Deputación de Ourense participaron este mediodía nunha concentración silenciosa ás portas do Pazo Provincial, como mostra de solidariedade co pobo ucraíno.

A Deputación Ourense ó frente cos seus responsables políticos encabezados polo sue VicePresidetne 1º Rosendo Fernández e o xefe da oposición o socialista Rafael Villarino e un nutrido grupo de traballadores da institución, gardan "un minuto de silencio en repulsa pola guerra contra Ucraina".
Acto ás portas da Deputación Ourense, cun minuto de silencio en repulsa pola guerra contra Ucraína. FOTO: Deputación Provincial

 

NOTICIAS A LIMIA | Elvira Lama pide medicamentos e alimentos e di que o Concello fará o...