domingo. 28.04.2024

A Escola Rural de Saúde da Limia organizou unha excursión cun grupo de máis de 40 persoas para ir ata Santiago, onde participaron na gravación do programa Bamboleo da TVG. Os asistentes pudieron desfrutar da música, dos bailes e incluso concursar neste espazo presentado polo alaricano Xosé Ramón Piñeiro.

Esta actividade é unha das que organiza a Escola Rural de Saúde da Limia co obxectivo de activar as relacións sociais e as interaccións das persoas que forman parte dela. Así reuniron a integrantes desta entidade dos concellos de Xinzo, Porqueira, Sarreaus e Vilar de Barrio, que compartiron unha tarde-noite fóra da rutina diaria porque "el ocio también es salud", destacan dende a entidade.

A Escola Rural de Saúde da Limia incide na importancia que ten o ocio e o tempo libre nas personas máis maiores, xa que mellora o seu estado de ánimo e a motivación interna. "Incrementa la capacidad de afrontamiento de las situaciones de estrés y aumenta la autosuficiencia", añaden.

Agraden a todo o equipo de Bamboleo polo bo tempo que pasaron durante a gravación, especialmente polo seu bo humor e o trato que recibiron. "Hay que poner en valor el sentido del humor cuando de hablamos de salud", recalcan.

As participantes desfrutaron de público no programa.
As participantes desfrutaron na gravación de Bamboleo.

NOTICIAS A LIMIA | A Escola Rural de Saúde viaxa a Santiago para participar nun...