Xoves. 28.03.2024

Un vehículo atropelou un corzo pouco despois das 12 do mediodía de hoxe na estrada OU-304, que une Xinzo con Baltar, a altura da parroquia de Damil no termo municipal de Xinzo de Limia.


A alerta chegou aos servizos de emerxencia ás 12:35 horas, e de inmediato se mobilizaron unidades da Garda Civil e de Protección Civil de Xinzo e se deu aviso ao servizo de limpeza de vías da Axencia Galega de Infraestruturas, responsábel da vía. 

A única ocupante do coche non resultou ferida. O coche, un BMW, sufriu danos na defensa e nun dos focos dianteiros. O animal fuxiu tras o golpe. O vehículo, malia os danos, puido arrancar e apartouse da estrada para evitar interromper o tráfico. 

NOTICIAS A LIMIA | Ilesa a condutora dun vehículo que atropelou un corzo na estrada de...