Venres. 29.03.2024

A combinación 32-17-14-41-24-13 nun boleto da Bonoloto, selado na Administración de Loterías nº 1 de Xinzo de Limia, situada en Avenida Madrid, 4, resultou premiado con 3.737.583,72 euros como único acertante do sorteo celebrado este martes.

Outros tres boletos de segunda categoría (5 acertos + complementario, o 1) validados en Molíns de Rey (Barcelona), Málaga e Alcantarilla (Murcia) foron premiados con 77.270,34, segundo vén de informar Loterías do Estado.

En xuño do ano pasado, a lotería deixou uns cinco mil euros en Xinzo de Limia. O bar Villasana repartiu un premio de segunda categoría de máis de 2.300 euros na Primitiva e outro premio de segunda categoría de máis de 2.260 euros na Bonoloto, ambos con cinco acertos. 

NOTICIAS A LIMIA | Gaña 3,7 millóns de euros cunha Bonoloto selada en Xinzo