viernes. 26.04.2024

Un lume declarado pouco despois das 23:00 horas deste domingo 9 de maio deixou reducida a cinzas boa parte da estrutura e o interior dun granxa de vacún situada na pista que comunica o polígono industrial de Xinzo de Limia coa localidade de Baronzás. 

No momento de elaborar esta información (00:30 horas do luns 10 de maio) descoñécense se ademais dos danos materiais se produciu tamén algunha vítima entre as reses do establecemento gandeiro. Segundo testemuñas presenciais, os responsables da instalación, alertados polos veciños, puideron chegar a tempo para rescatar aos vitelos conducíndoos ata o exterior da granxa.

Varias dotacións de bombeiros do parque limiá combatían ás 00:30 horas deste luns o lume, que se puido declarar, a espera de confirmarse na investigación, nun vehículo agrícola estacionado no seu interior

(Ampliarase)

NOTICIAS A LIMIA | As lapas calcinan unha granxa de vacún en Baronzás