Xoves. 28.03.2024

Este sábado presentábase en Xinzo de Limia a candidatura do Partido Popular ao Concello, liderada por Antonio Fernández Veiga. Ao acto de presentación acudiu o presidente provincial, Manuel Baltar, quen louvou a potencialidade da lista elaborada polo seu líder, de quen dixo "é unha persoa comprometida co PPdeOU e con Xinzo de Limia. Coñece perfectamente o territorio e é unha persoa traballadora, con bo talante e cunha sobresaínte capacidade para traballar en equipo, como demostra o nivel desta candidatura", apuntou Baltar. 

Na lista confeccionada por Antonio Fernández a media de idade é de 48 anos e, por primeira vez na historia do municipio e da representación popular, son maioría as mulleres fronte os homes (13, elas).

Tanto Fernández Veiga como Manuel Baltar amosáronse confiados en que alcanzarán a maioría absoluta que volverá a permitir un Goberno en solitario: "Convocatoria tras convocatoria, os veciños apostan polo Partido Popular. Este é o Partido de Ourense, un fito que se consegue polo traballo diario, non en quince días de campaña. Este é o segredo, e este é o camiño polo que recuperaremos a maioría absoluta en Xinzo de Limia", asegurou o presidente provincial e do Partido Popular de Ourense. 

CANDIDATURA DO PP DE XINZO

1.- Antonio Fernández Veiga

Portugalete (Bilbao), 1970

Técnico en explotacións agropecuarias. Capataz agrícola.

2.- Carlos Gómez Salgado

Xinzo de Limia, 1960

Técnico superior en prótese dental.

Deputado do Parlamento de Galicia.

3.- Cristina Campero Dorado

Rairiz de Veiga, 1992

Axente Forestal e Medioambiental da Xunta de Galicia.

4.- Ricardo Sieiro Opazo

Xinzo de Limia, 1968

Licenciado en filoloxía inglesa.

Profesor de idiomas.

5.- Otilia Conde García

Xinzo de Limia, 1979

Traballadora en establecemento de hostalería.

6.- Iván Cabrera Trigo

Xinzo de Limia, 1984

Diplomado en Enfermería.

Bombeiro do Servicio de extinción de incendios e salvamento.

7.- María José Cuquejo Márquez

Xinzo de Limia, 1973

Xerocultora.

Traballadora sociosanitaria.

8.- Rosa González Díaz

Xinzo de Limia, 1960

Autónoma.

Artesanía de Galicia.

9.- Alicia Feijóo Dacal

Xinzo de Limia, 1997

Estudos de Educación Infantil.

Traballadora por conta allea.

10.- Antonio Rodríguez Rodríguez

Licenciado en Económicas e Técnico en Xestión Administrativa.

Administrativo.

11.- Sabina Árias Corbillon

Xinzo de Limia, 1970

Ama de casa.

12.- Beatriz Diz Nóvoa

Xinzo de Limia, 1992.

Agricultora.

13.- Jose Antonio Valbuena Iglesias

Ourense, 1960

Funcionario.

SUPLENTES

1.- Alida Santana González

Xinzo de Limia, 1981

Técnica en Perruquería e estética. 

2.- Josefa Donaire Parada

Xinzo de Limia, 1973

Licenciada en filoloxía inglesa e

Diplomada en Maxisterio.

3.- María Isabel Colmenero Campos

Traballadora por conta allea.

4.- Alejo Marra Parejas

Xinzo de Limia, 1984

Técnico en ebanistería artística. Construtor de instrumentos musicais.

5.- Antonio García Bolaño

Xinzo de Limia, 1965

Operario de servizos varios.

6.- Flores Rodríguez Rodríguez

Xinzo de Limia, 1960

Xubilada.

7.- Tania Salinas López

Xinzo de Limia, 1987

Traballadora en establecemento de hostalería.

8.- María de los Ángeles López Iglesias

Pensionista.

9- José Ángel Vidal Blanco

Xinzo de Limia, 1987

Soldador Mecánico.

10.- Francisco Díaz Blanco

Xinzo de Limia, 1953

Xubilado.

NOTICIAS A LIMIA | As mulleres, maioría na anovada lista popular ao Concello de Xinzo