viernes. 26.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia acaba de anunciar a publicación da listaxe definitiva dos admitidos e excluídos, xunto aos resultados finais e puntuacións das entrevistas realizadas aos aspirantes do Obradoiro de Emprego Vía da Prata. Unha proposta de inserción e formación laboral que revalorizará o Camiño ao seu paso por Xinzo e Sandiás.

De novo, os inscritos disporán dun día hábil para presentar alegacións e reclamacións no tocante á puntuación provisional dos méritos e tamén no referente á cifra total sumatoria da listaxe.

O pasado día sete de outubro saíra á luz a listaxe provisional do resultado das entrevistas, na que se expoñían os participantes que non se presentaran á entrevista -referíndose ás iniciais NP- , os que figuraban como renuncia -debido a súa falta de interese na oferta- , e os que non cumprían cos requisitos especificados. Os inscritos tiveran o prazo dun día hábil para presentar alegacións e subsanacións, pero non houbo noticia de que se formalizara algunha.

NOTICIAS A LIMIA | Publicados os resultados definitivos das entrevistas do Obradoiro de...