sábado. 27.04.2024

Ás 23:45 da medionoite deste luns, un particular avisaba ao servizo de emerxencias 112 do avistamento de lume na zona vella do Concello de Xinzo de Limia.

Ao parecer, o fogo iniciárase no falso teito dunha vivenda particular localizada na praza de Oriente, moi preto do coñecido Bar Lulo. Sospéitase de que o incendio comezara por mor das lapas dunha cheminea que quedara sen apagar.

Afortunadamente puidéronse apagar rapidamente as lapas propagadas sen causar case ningún dano material. Non houbo ningún ferido.

Ata o lugar do suceso trasladáronse os Bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia, a Garda Civil, Protección Civil e os servizos de emerxencia.

NOTICIAS A LIMIA | Rexistrado un pequeno incendio no casco antigo de Xinzo durante a...