Xoves. 28.03.2024

O proxecto Os Tempos Mortos do Führer comezou aproxidamente fai un ano nas aulas do CIFP A Farixa. Tras moito esforzo por parte do equipo, así como do apoio das empresas colaboradoras, a peza audiovisual por fin ve a luz.

Dentro da sección Panorama Galicia, o vindeiro mércores día 29 de setembro ás dez da noite, emitirase a webserie cómica sobre Adolf Hitler. A estrea realizarase no Cineclube Padre Feijoo da cidade de Ourense e a entrada é libre. Revelarase que facía este personaxe histórico nos seus momentos libres dende un punto de vista satírico. O patrocinio da Deputación de Ourense foi un punto clave para asistir ao OUFF.

“Para nós é unha oportunidade única poder presentar o proxecto neste festival cunha repecursión internacional. Asisten persoas cunha traxectoria importante”, defende a produtora. Tras participar no Vía XIV Festival Internacional de Curtas a principios de setembro, agora intentan conquistar a gala de cine en Ourense. Cabe destacar que este festival é testemuña de ver ao equipo evolucionar profesionalmente. Fai dous anos, na edición 24, o antigo alumnado do centro, exerceu como meritorio no evento. A día de hoxe, presentan o seu propio proxecto. Tiveron a oportunidade de coñecer a artistas tan recoñecidos como Cristina Castaño ou Oliver Laxe.

A semana pasada anunciouse a incorporación do grupo musical Pelepau á trama ourensá, pois o personaxe histórico estará acompañado de ritmos tradicionais galegos e “Cantigas de Taberna”. Dende a produtora adiantan que proximamente se celebrará unha gala especial no Concello de Xinzo de Limia. Tamén informan que ,en menos dun mes, o proxecto estará dispoñible nas plataformas dixitais de maneira gratuita.

NOTICIAS A LIMIA | A webserie con persoal limiá, Os Tempos Mortos do Führer, estrearase...