viernes. 19.04.2024

A competición Xinzoenflor promovida polo Concello de Xinzo de Limia xa conta con catro gañadoras veciñas da vila. A iniciativa, que estivera activa durante o verán, contribuiu á mellora da estética do concello grazas ao embelecemento de xanelas e balcóns con plantas vivas e elementos ornamentais.

O xurado estivo composto por un representante de cada grupo municipal e tres veciños. Tívose moi en conta a orixinalidade, a creatividade da composición, a calidade ornamental, a harmonía e deseño do conxunto e a laboriosidade.

Na competición outorgáronse catro premios, dous para a categoría de Xinzo Vila, e outro dous para a de Xinzo Pobos. Na primeira resultaron gañadoras Margarita Taboada e Marisa Carrera, grazas as súas creacións na Travesía da Moreira e na Pista Devesa; na segunda recibiron o premio Alba Fernández e María García debido á decoración tan esmerada de xanelas e balcóns do lugar de Boado.

O acto de entrega dos galardóns celebrarase mañá ás 12:00 horas no salón de plenos da casa consistorial. As gañadoras recibirán bonos de 100 euros para empregar no comercio local.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo anuncia as gañadoras da II edición do concurso Xinzoenflor