lunes. 09.12.2024

A conta atrás para as eleccións municipais do 28 de maio está cada vez máis preto de chegar a cero e os políticos buscan alternativas para aproximarse á cidadanía, antes do comezo oficial da campaña electoral. Este é o caso de Amador Díaz, candidato de Alternativa por Xinzo da Limia (ÁXIL) á alcaldía do Concello de Xinzo.

A pasado 10 de abril, Díaz inauguraba un novo espazo de ÁXIL nas redes sociais, concretamente en YouTube ou neste enlace. "Xinzo a través de..." é unha proposta na que o candidato entrevistará a relevantes persoeiros da vila e da comarca para compartir os seus puntos de vista sobre o concello limiao.

O primeiro dos seus invitados é o escultor Xosé Lois Carreira (Parada de Ribeira, 1971), que tamén foi concelleiro co BNG, ao que Amor Díaz entrevista ao carón da Dama da Lagoa, a última obra que realizou para Xinzo. A conversa comeza coa pregunta dos cambios que aconteceron na vila dende que Carreira retornou á Limia tras vivir e estudar no País Vasco. A entrevista continúa noutro dos puntos clave para o escultor na vila, xunto á súa escultura da Pantalla situada no parque do Pombal. Alí, tanto Díaz como Carreira tratan das cousas nas que pode mellorar Xinzo.

Este luns publicouse a segunda entrega de "Xinzo a través de...", esta vez con Luis Gil Penín (Valladolid, 1976) como protagonista e, que ao igual que Carreira, foi concelleiro na vila co PP. Actualmente é o presidente da Asociación de Baloncesto de Xinzo, motivo polo que a entrevista comeza no pavillón municipal. Ademais, Gil Penín tamén foi directivo do Antela Fútbol Club, das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo e da ANPA do CEIP Rosalía de Castro.

Esta entrevista tamén comeza coa pregunta de como ve Gil Penín a Xinzo, quen aprecia un "gran potencial" humano que non sempre se pode aproveitar porque acaba marchando pola falta de oportunidades. Ademais, Díaz e Gil Penín falan do que se precisa para mellorar en canto a instalacións deportivas, nunha localidade na que o deporte base non para de medrar.

NOTICIAS XINZO | Amador Díaz, de candidato á alcaldía a entrevistador