viernes. 04.10.2024

A Asociación de Empresas e Comercios da Limia Prolimia ten en marcha unha iniciativa para incentivar as vendas nunha das máis importantes campañas do ano, a do Día do Pai. Este domingo, 19 de marzo, celébrase esta xornada, polo que dende Prolimia repartirá ata 2.000 euros en vales de compra entre os clientes dos negocios que forman parte da asociación.

O sábado, o sortearanse na Praza Maior de Xinzo 30 vales de compra, dos cales 20 serán por valor de 50 euros e 10, de 100 euros. Para participar só hai que mercar nalgún dos negocios de Prolimia ata este venres e, a cambio, entregarase unha rifa cun número que entrará no sorteo.

Os vales que se entregarán aos agasallados tamén teñen unha data límite para gastar nos establecementos de Prolimia. Poderanos canxear entre o 20 de marzo e o 2 de abril, ambos incluídos.

NOTICIAS XINZO | Prolimia sorteará 2.000 euros en vales de compra polo Día do Pai