lunes. 29.04.2024

Ó longo de dúas semanas, Xinzo acollerá unha chea de actividades para dicir "NON" á violencia de xénero. Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, xunto co Centro de Información á Muller, teñen preparada unha ampla programación de actos para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O Concello de Xinzo de Limia mostra, diste xeito, o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero, organizando unha grande diversidade de actividades que buscan implicar a participantes de todas as idades. Contacontos, obradoiros de cultura urbana, teatro, coloquios e charlas informativas, talleres polo emprego, a xa tradicional andaina e mesmo unha escape room sobre a violencia de xénero.

Hoxe daban comezo os actos programados. O alumnado do CEIP Carlos Casares participa, ó longo de toda a mañá, no "Escape room sobre violencia de xénero", deseñado para concienciar á xuventude do grave problema da violencia contra as mulleres. Unha actividade que tamén se realizará no CEIP Rosalía de Castro.

_DSC9008_Easy-Resize.com
Campaña contra a violencia de xénero o pasado ano en Xinzo de Limia.

Dende hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro, desenvolveranse 11 actividades e actos co obxectivo de divulgar a loita contra a violencia de xénero e pór de relevoa situación real deste problema na sociedade. Ademais, o propio día 25 de novembro, celebrarse o acto oficial coa lectura do manifesto de repulsa da violencia na praza Carlos Casares.

Programación

Xoves 16

  • Taller "25N, Mulleres polo emprego": organizado polo CIM en colaboración co técnico comarcal de inclusión sociolaboral de Maceda. Casa da Cultura, de 10:00h a 12:30h.
  • Escape room sobre violencia de xénero: no CEIP Carlos Casares dende as 09:15h ás 14:15h.

Venres 17

  • Escape room sobre violencia de xénero: no CEIP Rosalía de Castro dende as 09:00h ás 14:00h.

Xoves 23

  • Contacontos "Sen medo", nos CEIP's Carlos Casares e Rosalía de Castro.
  • Taller "25N, Mulleres polo emprego".
  • Teatro: representación da obra "Non calar" e coloquio no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:00h.

Sábado 25

  • Andaina contra a Violencia de Xénero: ruta circular de 12km. que contará con avituallamento ó longo do percorrido e pinchos ó remate da mesma na praza Carlos Casares. Saída ás 09:30h dende a praza Carlos Casares.
  • Lectura do manifesto: na praza Carlos Casares ás 13:00h.
  • Obradoiros "Cultura urbana On Tour": parkour, cap paint, graffiti e rap na Estación de Autobuses de Xinzo dende as 17:00h ata as 19:00h. De carácter gratuíto, será necesario inscribirse a través do código QR que aparece no cartaz do evento.

Xoves 30

  • Charla informativa sobre agresións sexuais: nos IES's Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela.
  • Taller "25N, Mulleres polo emprego".

NOTICIAS XINZO | Contacontos, teatro e mesmo unha "escape room" para dicir NON á...