Xoves. 28.03.2024

Un home necesitou ser trasladado, a pasada tarde deste domingo 5 de decembro, despois de presentar síntomas de intoxicación por inhalación de gas, no concello de Xinzo de Limia. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 19:00 horas, nun domicilio situado na Rúa A Lamela, en Morgade.

Ata alí, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para comprobar o estado no que se atopaba o home que, aínda que permanecía no domicilio con dúas persoas máis, era o único que presentaba síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono. Co fin de determinar as causas do sucedido, os xestores do 112 Galicia alertaron, de inmediato, aos Bombeiros da localidade que, despois de facer as correspondentes medicións no punto, confirmaron que a vivenda xa fora ventilada e non corría risco. Ademais, desde o 112 tamén se lle facilitaron os datos aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Xinzo de Limia. 

NOTICIAS XINZO | Evacuado un veciño de Morgade con síntomas de intoxicación por inhalar...