domingo. 06.10.2024

“O Partido Popular esixe a Elvira Lama e aos seus socios de goberno, o BNG de Camilo Vila, o ÁXIL de Amador Díaz e o XA de Pérez Campos, que escoiten e atendan o clamor dos comerciantes e hostaleiros locais, e retornen de xeito inmediato a celebración das feiras á súa localización tradicional no centro da vila”, di un comunicado do PP de Xinzo difundido onte. 


“Consideramos que o afastamento de todos os postos da feira cara o Toural e arredores esta prexudicando gravemente á viabilidade de moitos negocios, e con eles o mantemento dos postos de traballo que xeran, sexan autónomos ou traballadores por conta allea”, inciden os populares.
 

En opinión da formación que lidera Antonio Fernández, “non e aceptable que o PSOE, o BLOQUE, o ÁXIL e o XA, partidos que sustentan ao cuatripartito, sigan dándolle as costas uns sectores gravemente prexudicados por esta incomprensíbel medida, que non ten xustificación nin defensa posíbel”.

Diante dos argumentos que exhibe o goberno local, os populares insisten que en a incidencia das feiras sobre a mobilidade e a seguridade é mínima. “As feiras desenvólvense unicamente dúas mañas ao mes, o 14 e o 27, fronte a outros eventos que como o Entroido por exemplo que ocupan as rúas do centro da maña a noite durante case que un mes. Ou e que tamén van desprazar a celebración do Entroido cara o Toural?”. 


“A veciñanza pregúntase se non hai ninguén neste cuatripartito que se esqueza dos seus intereses electoralistas particulares e do sálvese quen poda, e se poña a traballar dunha vez por todas polo pobo e polos intereses dos veciños”, advirten desde o PP de Xinzo.

NOTICIAS XINZO | O PP pide aos socios do cuatripartito que escoiten “o clamor” de...