viernes. 04.10.2024

As compras de Nadal na Praza de Abastos de Xinzo poden ter premio. Os praceiros, co obxectivo de recompensar a fidelidade dos clientes e animar tamén as vendas, poñen en marcha a súa primeira gran campaña destas datas festivas. Todas as persoas que merquen nos seus establecementos recibirán rifas para o sorteo dun televisor e unha fin de semana nun hotel-balneario.

A papeleta gañadora resolverase en función dos números que saian no sorteo da Lotería de Nadal, que se celebra o 22 de decembro. No caso do televisor, a rifa deberá coincidir coas catro últimas cifras do primeiro premio e para a estancia no hotel, cos mesmos do segundo premio.

Na Praza de Abastos están dispoñibles produtos de primeira calidade e animan á veciñanza a facer as súas compras na vila, para así participar nesta campaña de Nadal que se estrea para animar as vendas. O Concello, a través da Concellería de Promoción Económica, colabora con estes establecementos para amosarlles o seu apoio ante a actual crise económica.

Sorteo de Nadal na Praza de Abastos de Xinzo.
Sorteo de Nadal na Praza de Abastos de Xinzo.

NOTICIAS XINZO | Os praceiros animan as vendas para as datas de Nadal con sorteos