jueves. 02.05.2024

Este mércores presentábase no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia a cuarta edición do concurso de embelecemento de balcóns e xanelas: "Xinzoenflor". En dito acto participaron Amador Díaz, alcalde do municipio, Ricardo Sieiro e Cristina Campero, quen lle explicou ós asistentes as bases do concurso, as cales serán as seguintes.

Obxectivo

Premiar a aquelas persoas polo embelecemento dos seus balcóns e xanelas aportando ó mesmo tempo mellora da calidade ambiental e estética , tanto na vila como nos pobos, así coma o esforzo e interese da cidadanía por coidar espazos públicos.

Pariticipantes

A participación está aberta a toda a cidadanía do concello de Xinzo de Limia.

Inscrición

Entregarase o impreso de solicitude de participación debidamente cuberto con todos os datos por calquera dos seguintes medios:

  • Descargándoo da web do Concello (www.xinzodelimia.gal) e enviándoo por correo electrónico ao enderezo: [email protected]
  • Presencialmente nas dependencias do Concello (1º andar en INFORMACIÓN).
  • O prazo de inscrición rematará o luns 31 de agosto de 2023 ás 23:59h.
  • Repartirase unha planta por vivenda por rigorosa orde de inscrición, ata fin de existencias.  

Criterios de valoración

Premiarase o balcón ou xanela máis bela, para iso, débense usar plantas vivas como elementos ornamentais e deben ser visibles dende a rúa polo xurado.

As persoas participantes terán liberdade para embelecelos, pero sempre respectando a contorna (vivendas doutros veciños, rúa...) e garantindo a seguridade.

Valoraranse os seguintes aspectos:

  •  Orixinalidade e creatividade da composición.

  • Calidade ornamental.

  • Harmonía e deseño do conxunto.

  • Laboriosidade.

Premios

Haberá dous premios para cada unha das seguintes categorías:

Xinzo Vila

  • 1º premio: bono de 150 euros.
  • 2º premio: bono de 100 euros.

Xinzo Pobos

  • 1º premio: bono de 150 euros.
  • 2º premio: bono de 100 euros.

- Os bono téñense que utilizar nos comercios de prantas de Xinzo.

- O fallo do xurado terá lugar o venres 15 de setembro.

- As persoas participantes serán avisadas con antelación da data e hora da entrega dos premios.

Xurado

O xurado do presente concurso estará integrado por un representante de cada grupo municipal, e por 3 veciños que queiran participar na deliberación, de non haber voluntarios, solicitarase a presencia dun xardineiro titulado. Visitarán os balcóns e xanelas adornadas con flores e plantas durante o mes agosto co fin de premiar ao conxunto ornamental máis belo.

Compromiso

  • O Concello notificará directamente ás persoas gañadoras por teléfono e publicará os nomes na web municipal.
  • Coa inscrición acéptase permitir a divulgación das imaxes dos balcóns e xanelas participantes.
  • Esta inscrición implica a aceptación das bases do concurso, así como da decisión do xurado.

NOTICIAS XINZO | Publicadas as bases para participar no IV Concurso de Embelecemento de...