sábado. 27.04.2024

A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia presentaba esta mañá a programación de eventos para celebrar a Semana Santa na vila. Concertos, obradoiros, torneo de xadrez e espectáculos musicais para a cativada nuns días vacacionais cheos de actividades.

Os festexos da Semana Santa comezarán este mesmo sábado, día 23, co concerto da fadista e filla adoptiva da vila Maria do Ceo. A que é filla adoptiva da vila actuará no Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura, ás 20.00h. A entrada será de balde até completar o aforo.

A Casa da Cultura acollerá a celebración de dous obradoiros en torno aos ovos de pascua. O primeiro, dedicado á decoración de ovos e pensado para maiores de 8 anos, terá lugar durante as mañás do luns, martes e mércores, de 10:30 a 12:30 horas. O segundo será unha clase maxistral de elaboración de ovos de pascua de chocolote; será na xornada do xoves 28, de 16:30 a 18:30 horas.

Torneo Xadrez Vila de Xinzo 202403
Torneo de Xadrez Vila de Xinzo de Limia.

Como colofón, celebrarase o Torneo de Xadrez aberto Vila de Xinzo de Limia, que se disputará no Casino Antelano polas tardes os días 25, 26 e 27. Antes do campeonato, durante as xornadas do luns e martes, haberá obradoiros de iniciación e para entusiastas do xadrez.

 

Animación para a cativada

Carlos Gómez, titular de Cultura no Concello, presentaba a programación da Semana Santa destacando os tres espectáculos de animación musical para a cativada: 

  • Mércores día 28: Brincadeiras miudas, da Orquesta Pantasma, ás 18:00 horas no parque infantil do Pombal.
  • Sábado día 30: Ce ó home Orquesta, ás 18:00 horas no parque infantil do Toural.
  • Domingo día 31: Os Monifates, espectáculo de monicreques e música tradicional, ás 19:00 horas na Praza Maior.

NOTICIAS XINZO | Unha Semana Santa chea de actividades na vila