Tras o éxito do obradoiro celebrado o pasado mes de maio en colaboración coa Academia Galespace, a A.C. Civitas Limicorum promove agora a continuidade da actividade a través de sesións semanais abertas ao público, nas que se poderá aprender e practicar o tradicional xogo romano do muíño.
As sesións celebraranse todos os venres de 18:00 a 19:00 horas na sede da Academia Galespace (Rúa Curros Enríquez, Xinzo de Limia), e están dirixidas a público infantil, xuvenil e tamén a persoas adultas interesadas en coñecer ou perfeccionar este xogo milenario de estratexia.
A actividade é gratuíta, de acceso libre e sen necesidade de inscrición previa.
Esta iniciativa enmárcase no labor continuado da A.C. Civitas Limicorum por achegar o patrimonio histórico á cidadanía, especialmente á mocidade, a través de propostas educativas, participativas e accesibles.
O xogo do muíño forma parte da programación complementaria á Festa do Esquecemento, que este ano celebra a súa XXV edición, e busca reforzar o coñecemento das raíces culturais da antigüidade galega e romana desde unha perspectiva lúdica e integradora.