martes. 08.10.2024

O CDR O Viso traballa en Familia e Infancia (FAIN), un proxecto piloto dirixido a familias con nenos e adolescentes menores que sexan perceptoras do Ingreso Mínimo Vital e da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) para atender a súa vulnerabilidade vinculada á exclusión territorial.

O Proxecto FAIN desenvólvese nos concellos de Xinzo, Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Porqueira, Vilar de Santos, Sarreaus e Trasmiras. O Viso disporá dun espazo na Casa da Cultura de Xinzo para uso do equipo de traballo que será o encargado de implementalo.

A cesión rematará en outubro de 2023, cando finalice o proxecto, e as tarefas que se desempeñarán dependen da fase do FAIN na que se atope o equipo de traballo. Esta iniciativa quere dar unha oferta integral de apoios personalizados e adaptados ás persoas beneficiarias en tres dimensións: un paquete a nivel social que inclúe coidado, saúde, vivenda, subministración enerxética, competencias dixitais, parentalidade e redes de espazos e cooperación; outro de apoio educativo que se centra na continuidade e o éxito escolar dos menores; e, por último, unha inclusión activa que englobe formación e acceso ó emprego e á conciliación.

FAIN está promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social, con subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU).

NOTICIAS XINZO | O Viso avanza no proxecto Familia e Infancia de atención á...