martes. 08.10.2024

O concurso de escaparates de Nadal da asociación de comerciantes Prolimia escolleu aos tres gañadores. O xurado formado por Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense; Luis Veloso, en representación de Prolimia; Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo; e por Manuel Pérez, concelleiro de Facenda e Promoción Económica; valoraron os traballos dos establecementos que participaron para seleccionar ós premiados.

A tenda Manila SportWear, ubicada na Praza Xoán XXIII de Xinzo, foi unha das gañadoras polo seu elaborado escaparate, no que hai unha pequena noria acompañada dun árbol de Nadal e osos de peluche, pero tamén colocaron unha cheminea na que non faltan uns saquiños colgados dela.

Decorado do escaparate de Manila SportWear en Xinzo. | FOTO: Jainer Barros.
Decorado do escaparate de Manila SportWear en Xinzo. | FOTO: Jainer Barros.

 

Este comercio multimarca dispón dunha ampla variedade de marcas deportivas, destacadas do sector, na que se pode atopar "un pouco de todo". Dende calcetíns ata mochilas, pasando por pantalóns, camisetas ou zapatillas deportivas son algunhas das cousas que se poden mercar nela.

 

As outras tendas recoñecidas neste concurso de Prolimia foron Vima Moda e Z&H Kids. De todas elas valorouse a orixinalidade, a montaxe, a complexidade, a estética, a creatividade, a ambientación de Nadal e o atractivo comercial.

NOTICIAS XINZO | O escaparate de Manila SportWear, un dos mellores de toda a vila