viernes. 26.04.2024

O Concello de Xinzo presentou esta mañá o IV Plan de Igualdade participativo, que estará en vigor ata o 2026. No acto, estiveron presentes a alcaldesa, Elvira Lama; a directora de Red Talento, Laura Seara; e representantes dalgunhas entidades que colaboraron na súa redacción. A rexedora agradeceu a estes últimos, o "tecido social" de Xinzo, pola súa colaboración co plan. "Fixeron posible detectar as eivas que hai no ámbito de cada unha delas e aportaron medidas correctoras para incluílas nas políticas do Concello", engadiu.

O obxectivo que persegue este plan é o de conferir transversalidade de xénero á política municipal, xa que aquelas en materia de igualdade son una "prioridade" para o actual Goberno local. O plan tamén contempla o deseño de "accións positivas" para correxir as fendas de xénero, en definitiva unha serie de pasos a seguir para poder acadar unha igualdade "real" entre homes e mulleres e rematar coa "lacra" da violencia machista.

O plan recolle unha serie de principios que se tratarán de facer efectivos ata o 2026, cando remate e se faga unha avaliación dos seus resultados. Isto permitirá coñecer canto se avanzou nesta materia e canto queda aínda por mudar. "Queremos que isto non quede só nun documento, senón que sirva para ter un concello máis real, plural e, especialmente, igualitario", resaltou Lama.

Representantes de entidades colaboradoras no plan.
Representantes de entidades colaboradoras no plan.

 

Neste plan colaborar entidades como o CDR O Viso, a Escola Rural de Saúde, Limisi, o persoal do centro de saúde, asociación e centros educativos ou entidades deportivos, entre outros, así como persoal do Concello. Con eles reuníronse para coñercer as súas opinión e Seara sinalou que o seu papel foi "decisivo" á hora de elaborar este plan con propostas "concretas". A cidadanía tamén colaborou a través de enquisas, que serviron para coñecer a realidade actual en material de igualde.

A responsable do plan sinalou que os tres fundamentos "esenciais" son o "principio de igualdade, as accións positivas e a intervención nas políticas de igualdade". No, recollen 200 actividades con 62 medidas e con nove áreas de intervención de "carácter transversal", apuntou Seara.

O documento estará dispoñible en papel nos centros de maiores, centros sociais, de saúde ou colexios, entre outros espazos públicos e privados. Ademais, na páxina web do Concello poderá consultarse por toda a cidadanía.

NOTICIAS XINZO | O Plan de Igualdade traballará por un concello "máis real, plural e...