jueves. 18.04.2024

O Concello instalou esta martes un carrusel na Praza Maior que abrirá dende este sábado ata o 9 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa da cativada. O Partido Popular de Xinzo asegura que "pode ser unha boa proposta", pero non consideran que se atope na mellor ubicación e piden a súa retirada para o 7 de abril, Venres Santo. "É data na que a relixión Cristiá adquire a seu máximo significado coa Crucifixión, Morte e posterior Resurrección de Xesús, representada nas procesións de Semana Santa, que en Xinzo rematan no centro da Praza Maior", din.

Os populares exixen que se desmonte o Venres Santo para que a "parroquia e os feligreses limiaos que desexen celebrar a sua fe, o poidan facer utilizando para iso, como sempre se fixo, o centro da praza". Ademais, acusan ao Concello de non respectar estes actos litúrxicos, de tradicións na vila. "Defendemos que estas actividades lúdicas non deben, como pretenden Elvira Lama e os partidos do cuatripartito, desprazar ou interferir nestas celebracións relixiosas, nin tampouco, nas tradicións", resaltan.

Carrusel instalado na Praza Maior.
Carrusel instalado na Praza Maior.

 

A parroquia de Santa Mariña de Xinzo conserva imaxes do sécullo XVII como a cruz procesional, xunto a outras moi antigas como a furna do Santo Enterro, a Dolorosa ou a Verónica e o San Xoán articulados. Isto, como destacan os populares, é un reflexo da importancia que teñen os actos de Semana Santa na vila. Os primeiros, comezarán este domingo, co Día de Ramos, que terá misa ás 9:00 horas na igrexa vella e ás 12:00 será a bendición dos ramos nela, para logo comezar unha procesión que rematará cunha misa na igrexa nova.

Por último, os populares destacan que "nin pretendemos politizar nin queremos polemizar coa fe dos crentes nin coas tradicións que comparten milleiros de veciños e veciñas do concello, independentemente da sua ideoloxía".

Imaxe dunha antiga procesión de semana Santa en Xinzo.
Imaxe dunha antiga procesión de Semana Santa en Xinzo.

NOTICIAS XINZO | O PP exixe a retirada dos cabaliños e acusa ao Concello de non...