viernes. 04.10.2024

A Asociación de Persoas con Discapacidade Algaria organiza un torneo igualitario de xadrez chamado "Xaque ao emérito", que terá lugar en Xinzo dende este venres ata o domingo. Esta actividade levarase a cabo na Casa da Cultura ao longo das tres xornadas nas que se celebrará.

Este torneo está destinado a cativos que nacesen entre os anos 2006 e 2011 e, se aínda non se anotaron, poden facelo contactando no 648 678 515. Na xornada do domingo terán tamén unha entrega de premios para os mellor clasificados.

O venres comezará o torneo ás 16:00 horas cunha fase clasificatoria, que continuará o sábado a partir das 10:00 horas e das 16:00 horas. O domingo ao longo da tarde terán lugar as semifinais e a final, de onde sairán os mellores do torneo. Ademais, tamén se xogará polo terceiro e o cuarto posto.

Os premios son un vale de 200 euros, outro de 100 e un último de 60, aos que se lle suman sete por valor de 20 euros. Os que os leven poderán canxealos nos comercios socios de ProLimia, asociación que colabora con este torneo.

NOTICIAS XINZO | Algaria organiza un torneo igualitario de xadrez para nenos