lunes. 09.12.2024

A Escola de Música da Limia (ESMULI) xa está a punto para o inicio do curso 2023/24, o vindeiro 4 de setembro. O prazo de matriculación xa está aberto sumarse á súa oferta educativa, entre a que se atopa o Xardín Musical e as clases de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión sinfónica, canto, piano, violín, violonchelo, contrabaixo, linguaxe musical, armonía e análise, informática musical, DJ produción, banda, banda iniciación e coro.

O prezo é de 55 euros ao mes, con pagos de setembro a maio. Este inclúe unha clase semanal individual de instrumento, cunha duración de 45 minutos, e outra de linguaxe musical e teoría da música. Por outra banda, contarán con clases colectivas de banda e de coro.

O Xardín Musical, destinado para nenos de 5 anos, será gratuíto. A matrícula pódese facer a través deste enlace e, para máis información, están dispoñibles o enderezo electrónico [email protected] ou o número de teléfono 604 09 26 31.

Oferta educativa da ESMULI para o vindeiro curso.
Oferta educativa da ESMULI para o vindeiro curso.

NOTICIAS XINZO | A ESMULI abre prazo de matriculación para o vindeiro curso