martes. 08.10.2024

Quedan catro meses meses para que os limiaos volvan desfrutar do Entroido de Xinzo e a maquinaria comeza a poñerse a traballar. Este mércores pola tarde, a Concellería Participación Cidadá, Festexos e Mocidade convida á veciñanza a asistir a unha reunión para formar parte activa da Comisión do Entroido 2024.

O encontro terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Nel comezarase a plantexar a organización para os festexos do Entroido, que caerá nos seus días grandes do 8 ao 14 de febreiro de 2014. En Xinzo, o seu inicio co Petardazo caerá no 20 de xaneiro.

Esta será a primeira reunión aberta á cidadanía, pero hai moitos que xa preparan o Entroido. En Arte Arrebol, este mes comezan un novo obradoiro para preparar as máscaras das pantallas e que todo esté listo para o Corredoiro. En agosto xa remataron outro dos talleres, neste caso o que comezou en abril.

NOTICIAS XINZO | Comeza a conta atrás para o Entroido: primeira reunión para organizalo