jueves. 02.05.2024

A concellería de Participación Cidadá, Festexos e Mocidade, dirixida por Ricardo Sieiro Opazo, vén de abrir a convocatoria pública á participación das veciños e veciños de Xinzo para formar parte da Comisión do Entroido 2024.

Inda quedan uns meses, pero dende o Concello de Xinzo queren promover a participación cidadá e convoca á veciñanza á segunda reunión para formar parte activa da comisión do Entroido. Unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores, 4 de outubro, ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello.

NOTICIAS XINZO | O Concello convida á veciñanza a participar na Comisión do Entroido