jueves. 02.05.2024

Ao grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego non lle gusta o procedemento utilizado polo Concello de Xinzo para concederlle ao equipo de fútbol Piñeira Seca unha partida de 39.627€ destinada a material deportivo. Unha adxudicación feita pola vía de urxencia a finais do 2023.

A partida foi concedida directamente polo alcalde de Xinzo, Amador Díaz Penín, e o BNG critica "que se faga este investimento despois de usar repetidamente o argumento de que non hai fondos nas arcas do Concello para acometer os necesarios traballos de bacheado, por exemplo, na zona dos institutos ou en varios núcleos rurais", recalcan os nacioalistas.

Recoñecen os nacionalistas que entra na legalidade, xa que a cantidade non chega aos 40.000€, límite que marca a lei a partir do cal é obrigatorio facer un concurso público. Nembargantes, o BNG afea a concesión, feita "dun xeito tendencioso na recta final do ano; se chegase ós 40.000€ obrigaría a facer un concurso público e, por tanto, transparente", sinalan dende a formación. 

NOTICIAS XINZO | O BNG reproba ao Concello a "adxudicación a dedo" dunha partida para...