sábado. 27.07.2024

Aberto o prazo para inscribirse no Torneo Igualitario de Xadrez Xaque ao Emérito II que organiza a Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de A Limia (ALGARIA) na Casa da Cultura de Xinzo o vindeiro domingo, 30 de xuño, a partir das 10 horas.

O torneo consta de dúas categorías, unha de adultos e outra infantil. Para inscribirse é necesario doar 2 euros no caso das persoas adultas e 1 euro para as nenas e nenos que participan e que naceron a partir do ano 2007. Para as tres primeiras clasificacións haberá unha entrega de trofeos ademais de vales por valor de 200 euros para a primeira clasificación; 100 euros para a segunda e 50 euros para a terceira persoa clasificada. Estes vales poden ser cambiados en negocios asociados á Asociación Comercio PROLIMIA, entidade que colabora no desenvolvemento deste torneo.

 

As persoas interesadas en participar deben contactar coa entidade a través do número:
648 678 515.

NOTICIAS XINZO | Algaria organiza un torneo igualitario de xadrez