A Escola de Música da Limia (ESMULI) xa ten todo listo para o inicio do curso 2025/26. O prazo de matrícula está aberto para todas as idades e niveis, cunha ampla oferta educativa que inclúe frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión sinfónica, canto, piano, violín, violoncello, contrabaixo, linguaxe musical, harmonía e análise, informática musical, DJ produción, banda, banda iniciación e coro.
O prezo da mensualidade é de 55 €, con 9 pagamentos de setembro a maio. Inclúe unha clase semanal individual de instrumento (45 minutos), unha clase semanal de linguaxe musical e teoría da música, unha clase colectiva de banda e outra de coro.
Ademais, o Xardín Musical, destinado a nenos e nenas menores de 5 anos, é totalmente gratuíto.
Para máis información e matrícula: escolademusicadalimia@gmail.com
