Nova aposta empresarial nunha área estratéxica

Obramat abre o seu terceiro almacén en Galicia en San Cibrao | NOTICIAS XINZO

O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración da empresa Obramat. Na rúa 2,1 do Polígono Empresarial de San Cibrao das Viñas. Tamén participan Marta Novóa Iglesias (Alcaldesa de San Cibrao, Antonio Bullido (Director Xeral de Obramat), José Manuel Bada (Director Rexional de Obramat), Alejandro Rey (Xefe de Almacén de Ourense), María José Riveiro (Obramat), Gabriel Alén Castro (Director Xeral de Comercio da Xunta), Manuel Pardo Cid (Delegado da Xunta en Ourense), entre outras autoriades e traballadores de Obramat.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na inauguración do novo almacén da compañía Obramat no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, unha das áreas industriais máis relevantes da provincia e de Galicia. A empresa, especializada na distribución de materiais para construción e reforma, abre así o seu terceiro almacén en Galicia con amplas instalacións.

Durante o acto, Menor sinalou que a chegada desta firma é “un síntoma claro de que a provincia está viva”, destacando a súa capacidade para atraer investimento e ofrecer condicións axeitadas para a implantación de grandes empresas.

O responsable provincial agradeceu aos directivos de Obramat a súa aposta polo territorio, subliñando a creación de emprego local, as oportunidades para reter profesionais e a captación de talento a través da súa liña formativa. Tamén puxo en valor a relación cos provedores locais.

Menor indicou que este novo almacén contribuirá a dinamizar o sector servizos e a reforzar a competitividade de profesionais e autónomos, que contarán cun aliado no seu día a día.

Ademais, comprometeuse a seguir traballando desde a Deputación para atraer novos investimentos e xerar oportunidades de negocio que garantan o futuro da provincia. Neste sentido, reivindicou infraestruturas como a ampliación do polígono de San Cibrao, unha estación de mercadorías por ferrocarril, a ampliación do parque empresarial do Pereiro e a posta en marcha da área de Paderne de Allariz.