martes. 08.10.2024

O Grupo Municipal Popular do Concello de Xinzo de Limia rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo acordos relativos ao mantemento e mellora dos servicios postais no eido do concello.

Así, segundo nota e prensa remitida a este diario, os populares locais comunicaron ao goberno municipal a presentación de dita moción, na que e instará as institucións estatais con competencias na materia a que adopten unha serie de medidas que ven necesarias cara a "garantir a prestación dos servizos postais e a súa permanencia no Concello de Xinzo de Limia".

Entre as medidas propostas destacan a cobertura de postos estructurais no servizo de Correos e a cobertura por susbtitución cando sexa necesario, incluir a Correos como destinatario dos fondos de recuperación, e a actualización e mantemento das Oficinas auxiliares  e  as unidades de repartición existentes nas zonas Rurais.

O PP de Xinzo presenta unha moción para manter a calidade dos servicios postais