martes. 10.12.2024

Os lugares de Morgade e Bruxueira lucen mellor nesta mañá de lunes, dende que concello de Xinzo rematou o arranxo de varios viais deteriorados nestas localidades.

Os traballos centáronse na estrada que une un dos accesos ao centro da vila co lugar de Morgade, e na que comunica As Lamas e Bruxueira.

Os viais, que se encontraban moi deteriorados, con fochas e desgaste, foron asfaltados, bacheados e fíxose un perfilado das cunetas. Rematados os traballos, as pistas vense renovadas.

En total, foron máis de cinco kilómetros de obras, sendo a pista Lamas-Bruxueira a obra de máis entidade das dúas.

Rematou o arranxo de pistas en Morgade e Bruxueira