martes. 19.05.2026

O Concello de Xinzo de Limia informa de que o SERGAS, a través do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, habilita un servizo especial de autobús para facilitar o desprazamento das mulleres maiores de 74 anos convocadas dende o termo municipal de Xinzo ata a Unidade de Exploración Mamográfica, situada no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade (Avenida de Zamora, 13 – Ourense).

O dispositivo funcionará os días xoves 13 e venres 14 de novembro, con dúas voltas diarias e paradas nos seguintes puntos e horarios:

  • Gudín (parada de autobús): 7:15 h · 11:00 h

  • Ganade (centro social): 7:35 h · 11:20 h

  • Xinzo de Limia (estación de autobuses): 7:50 h · 11:35 h

  • Morgade (centro social): 8:00 h · 11:45 h

  • Piñeira Seca (parada de autobús): 8:15 h · 12:00 h

Este servizo está dirixido ás usuarias citadas polo programa e recoméndase acudir á parada con antelación, así como seguir as indicacións recollidas na carta de citación enviada polo SERGAS. O Concello de Xinzo agradece a colaboración da veciñanza neste dispositivo sanitario.

O Sergas facilita o traslado das mulleres do Concello a Ourense para a realización das...