15:58 do 21 de setembro de 2022
Un home resultou ferido leve e foi trasladado ao Centro de Saúde de Xinzo de Limia como consecuencia dun accidente entre unha bicicleta e unha furgoneta que se produciu poucos minutos despois das 15:30 horas na Avenida de Madrid, en Xinzo.
O home, que circulaba nunha bicicleta de montaña en dirección Madrid, intentou realizar un xiro á altura do cruce da avenida coa rúa San Sebastián e foi golpeado por unha furgoneta que circulaba no mesmo sentido.
Como consecuencia do impacto, o ciclista sofreu unha ferida na boca e foi trasladado polo 061 para realizarlle a cura e para unha avaliación como medida de precaución.