Vivía só e sufriu o accidente o mércores e foi trasladado ao Hospital

ÚLTIMA HORA | Falece un home de 90 anos en Fiestras (Xinzo) despois dunha caída polas escaleiras

Acceso a Fiestras, parroquia de Xinzo de Limia. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

[ACTUALIZACIÓN. 11:40] Un veciño de Fiestras faleceu no Hospital de Ourense onde fora trasladado despois de sufrir un accidente doméstico a noite do mércores 5 ao xoves 6 de outubro. Ao parecer, o home, de 90 anos, caeu por unhas escaleiras da súa vivenda e recibiu un forte impacto na cabeza.

Os Servizos de Emerxencia atenderon a alerta que chegou a través da Teleasistencia, e o home foi trasladado aínda con vida ao Hospital de Ourense. O home faleceu onte ao mediodía. Os servizos médicos están determinando se a caida foi producida por un accidente cerebro-vascular anterior ou se a morte pode atribuíse ao golpe nas escaleiras.